O Infantil A recibe mañá mércores ao AJ Lérez en partido da División de Honra adiantado ao fin de semana
O Infantil A mídese mañá mércores 20 de marzo ás 20:00 en Abegondo ao AJ Lérez en partido correspondente á 23ª xornada da División de Honra adiantada ao fin de semana.
Os branquiazuis, que venceron o domingo en Ourense ao Pabellón (0-2), lideran a categoría con 64 puntos por 56 puntos do RC Celta, 2º clasificado.
Pola súa banda, o AJ Lérez, que a pasada fin de semana caeu no seu campo (0-4) co CD Lugo, é 7º con 33 puntos.
Durante a fin de semana, o Infantil A competirá na Ibercup en Portugal, unha das citas máis importantes do fútbol formativo durante a Semana Santa.