RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
INFANTIL A

O Infantil apóiase nos seus artilleiros Sergio Cortizo e Raúl para vencer en Bertamiráns

O Infantil apoiouse nos seus dous máximos artilleiros para vencer (0-3) na súa visita ao Bertamiráns FC, en partido correspondente á 10ª xornada na División de Honra.

Sergio Cortizo (na foto na fila de abaixo o primeiro pola esquerda) marcou no Municipal de Bertamiráns o seu décimo sexto gol e liderar destacado a clasificación do pichichi; mentres que Raúl (na foto na fila de abaixo o primeiro empezando pola dereita) anotou os outros 2 do Infantil, co que totaliza 12 dianas no que vai de liga.

Con este resultado, o conxunto de Borja Souto é líder da categoría con 30 puntos por 28 puntos do RC Celta, o seu inmediato perseguidor.

Infantil: Daniel Suárez, Miguel, Guille, Nico, Eder, Daniel López, Antón, José Quiroga, Sergio Cortizo, Raúl e Pablo Vara. Tamén xogaron: Lucas López, Nikolay, Picallo, Gabri e Esteban Ruiz.

Esta semana, o Infantil recibe en Abegondo ao Escola de Fútbol DSF.

Os resultados até a data do Infantil son os seguintes:

CD Lugo 1 - Infantil 5 (Raúl -2-, Sergio Cortizo -2- e Picallo)
Infantil 6 (Sergio Cortizo -4-, Antón e Nico) - EF Portero '2000' 1
Infantil 6 (Picallo, Sergio Cortizo -2-, Antón Caamaño e Miguel) - CD Areosa 1
Victoria CF 0 - Infantil 6 (Sergio Cortizo -2-, Miguel, Raúl, Gabri e Picallo)
Infantil 5 (Miguel -3-, Antón e Raúl) - San Tirso SD Infantil 0
ED Val Miñor Nigrán 1 - Infantil 4 (Sergio Cortizo -3- e Raúl)
Infantil 5 (Nikolay -2-, Sergio Cortizo, Raúl e Picallo) - Pabellón Ourense CF 0
AJ Lérez 1 - Infantil 3 (Miguel, Gabri e un futbolista rival en propia meta)
Infantil 3 (Raúl -2- e Sergio Cortizo) - Arosa SC 1
Bertamiráns FC 0 - Infantil 3 (Sergio Cortizo e Raúl -2-)