RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O potente Sporting CP, exame para As Nosas este venres en Portugal

As Nosas disputarán este venres 2 de agosto un novo e esixente test de pretemporada. Será a partir das 13:00 (hora galega, 12:00 hora local) no Estadio Vila Cha, a porta pechada.

O rival é o Sporting CP, vixente subcampión da liga lusa. A maiores, as lisboetas chegan máis rodadas con adestramentos desde o 10 de xullo posto que a liga arrinca o 1 de setembro; e contan con varias internacionais portuguesas nas súas filas como Ana Capeta, Alícia Correia, Joana Martins, Fátima Pinto e Ana Borges, esta última con 175 partidos ás súas costas co equipo nacional de Portugal.

Até a data, o Sporting CP venceu (2-1) ao SCU Torreense no seu único partido de pretemporada.

Tamén o Dépor ABANCA conta con só un partido nas súas pernas, o do este mércores 31 de xullo ante o SC Braga finalizado con derrota pola mínima (1-0) grazas a un gol de penalti.

A novidade na sesión de traballo das Nosas celebrada hoxe xoves en Melgaço foi Marina Artero (na foto superior), que se adestrou por primeira vez coas súas compañeiras despois de conquistar con España o Campionato de Europa sub-19.

Finalizado o encontro, a expedición deportivista regresa á Coruña.