RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSAFORZA

O RC Deportivo activa a pre-reserva de entradas para o Celta Fortuna - Dépor

O RC Deportivo habilita a posibilidade de realizar a pre-reserva de entradas para o partido do próximo domingo 28 de xaneiro ás 21:00h ante o Celta Fortuna. As localidades teñen un prezo de 20 euros e quedan limitadas a dous por socio. Para realizar a xestión, o abonado deberá acceder á web http://entradas.rcdeportivo.es/ 

O Celta puxo ao dispor do RC Deportivo un total de 500 entradas, das cales 300 pertencen ao club e as outras 200 van destinadas á Federación de Peñas.

A pre-reserva poderase facer desde o sábado 20 ás 9:00h até o luns 22 ás 9:00h. No caso de que houbese máis abonados en pre reserva que entradas dispoñibles, realizarase un sorteo, cuxo resultado se comunicará aos abonados que poderán acudir a recoller as entradas á OAD desde o luns 22 ás 16.30h até as 19h, o martes 23 desde as 10.00h até as 13.30h e desde as 16.30h até as 19.00h e o mércores 24 desde as 10.00h até as 13.30h. Para iso será obrigatorio presentar o abono e o DNI dos asistentes, un deles debe ser o titular do abono.

Os abonados que foron notificados de que podían recoller as entradas solicitadas para o partido contra a CyD Leonesa e non o fixeron, non poden optar a esta pre-reserva. Algo que sucederá de novo nesta ocasión, os socios que soliciten entradas e após comunicarseles que poden acudir a recollelas non o fagan, quedarán excluídos da próxima pre-reserva.

Desde o RC Celta deron traslado ao RC Deportivo da normativa de obrigado cumprimento no acceso ao seu estadio para as persoas que acudan ao partido. Así, informan de que non se permitirá acceder ao estadio con simboloxía de ningún grupo ultra ou emblemas, lendas ou lemas políticos, racistas, xenófobos ou que inciten á violencia ou denigren ás persoas ou entidades. Así mesmo, non se permitirá acceder ao estadio obxectos especificamente prohibidos pola Lei do Deporte 19-2007 e segundo o RD 203/2010. Tamén trasladan que ao tratarse de un partido declarado de alto risco,as entradas deben ser nominativas, non podendo acceder ao estadio unha persoa diferente á identificada que ten asignada a localidade.