RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSAFORZA

Abertos hoxe sábado desde as 15:30 os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor

Hoxe sábado 21 de setembro, día do partido ante o Burgos CF en ABANCA-RIAZOR, abrirán desde as 15:30 os despachos de billetes do Palacio dos Deportes.

Están á venda as entradas de público cuxos prezos oscilan entre os 135 euros da nova Tribuna Inferior VIP (con acceso a catering) e os 35 euros de Marathón Superior, Marathón Inferior, Pavillón Superior e Pavillón Inferior. 

En Marathón Inferior as entradas son nominativas. Por conseguinte, aqueles abonados que queiran comprar unha entrada de público para a dita bancada teñen que facelo de maneira presencial presentando o DNI da persoa abonada. 

As entradas poden adquirirse en calquera momento a través da páxina bancada.rcdeportivo.es.

Ademais, xa está operativa tamén a posibilidade de que as socias e os socios liberen os seus asentos en caso de non poder acudir a ABANCA-RIAZOR nesta ligazón.