RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSAFORZA

O RC Deportivo lanza moeDÉiro, o novo servizo de pago no estadio a través do carné de abonado do Dépor cun 10% de desconto

Importante: Para o funcionamento do moeDÉiro na APP RC Deportivo é imprescindible asegurarse de ter actualizada a última versión da aplicación.

O RC Deportivo lanza no encontro deste domingo en ABANCA-RIAZOR o novo servizo de pago no estadio a través do carné de abonado do Dépor, moeDÉiro. Nesta primeira fase, este sistema poderá ser utilizado nas compras de bebida e comida que se realicen nas barras do estadio, e utilizar esta forma de pago suporá un 10% de desconto directo en todos os produtos.


O servizo moeDÉiro forma parte do continuo proceso de innovación do clube, que se suma a outras iniciativas de sostibilidade no estadio, como a eliminación dos vasos e envases de plástico nas barras cos vasos retornables de “Este vaso tamén volve”, ou as melloras na fan experience durante os encontros en ABANCA-RIAZOR. No caso de moeDÉiro, é ademais un paso importante para a eliminación dos pagos en efectivo.


Cada persoa abonada pode rexistrar o seu carné físico ou dixital no sistema moeDÉiro, na propia APP RC Deportivo no caso do carné dixital ou ben a través da web moedeiro.rcdeportivo.es para dar de alta e poder pagar cun carné físico. Cada carné poderá ser asociado a unha tarxeta bancaria de pago e o cobro farase nas barras do estadio co código de barras do carné físico ou cun código QR na versión dixital.


O sistema permitirá cargar un tope máximo de cartos dispoñibles no carné, pensado por exemplo para os casos nos que un menor poida ir con seguridade a pagar na barra co seu abono tendo un control sobre o saldo que pode utilizar.