RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSAFORZA

ABANCA-RIAZOR vai camiño do cheo ante o Real Oviedo con menos de 600 entradas á venda

O encontro entre o RC Deportivo e o Real Oviedo deste sábado 17 de agosto ás 19:00, que marca o inicio da temporada 2024-25 en ABANCA-RIAZOR, rexistrará unha espectacular entrada. A falta de dous días, o Club está preto de colgar o cartel de 'Non hai entradas' posto que tan só quedan 593 localidades á venda.

As entradas poden adquirirse en calquera momento a través da páxina bancada.rcdeportivo.es, e nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes mañá venres 16 de agosto de 10:00 a 19:00 en horario ininterrompido; e o sábado 17, día do partido, de 16:00 a 20:00 horas.

Ademais, xa está operativa tamén a posibilidade de que as socias e os socios liberen os seus asentos en caso de non poder acudir a ABANCA-RIAZOR nesta ligazón.

Á vista da gran demanda, o Club anima aos abonados que non vaian asistir para que liberen as súas localidades e permitan a outros deportivistas estar presentes en ABANCA-RIAZOR.

Por outra banda, os abonados que non recibisen aínda o seu carné de abonado poden descargalo de forma dixital na app ou teñen a opción de acudir aos despachos de billetes para sacar unha entrada para o encontro ante o Real Oviedo. Neste caso, a mellor opción é non esperar até o sábado para non ter que sufrir as colas do último día.