RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSAFORZA

Abertas mañá domingo os despachos de billetes do Palacio dos Deportes desde as 14:00 horas

Mañá domingo 1 de setembro, día do partido ante o Racing de Ferrol en ABANCA-RIAZOR (17:00, LaLiga Hypermotion) abrirán os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor desde as 14:00 horas até o descanso do encontro.

Os abonados que non recibisen o seu carné no seu domicilio e que queiran asistir ao partido teñen dúas opcións:

-Descargar a app do RC Deportivo e ter actualizado o abono dixital.

-En caso non utilizar a vía do abono dixital, deben retirar unha entrada. 

Aqueles que retiren a entrada, non poderán acceder co seu abono, xa que se lle queda bloqueado para ese partido.

O Club está implementando unha mellora tecnolóxica nos accesos a ABANCA-RIAZOR co obxectivo de axilizar a entrada ao estadio consistente nun abono con tecnoloxía RFID. Con iso, con achegar o carné ao lector abrirase automaticamente o torno de acceso.

Así mesmo, están á venda as entradas de público para o encontro.

Os prezos oscilan entre os 150 euros da nova Tribuna Inferior VIP (con acceso a catering) e os 40 euros de Marathón Superior, Pavillón Superior e Pavillón Inferior. 

En Marathón Inferior as entradas son nominativas. Por conseguinte, aqueles abonados que queren comprar unha entrada de público para a dita bancada teñen que facelo de maneira presencial presentando o DNI da persoa abonada. 

As entradas poden adquirirse en calquera momento a través da páxina bancada.rcdeportivo.es.

Ademais, está operativa tamén a posibilidade de que as socias e os socios liberen os seus asentos en caso de non poder acudir a ABANCA-RIAZOR nesta ligazón.