Os abonados que non recibisen o seu carné no seu domicilio e non teñan a app do Club deben retirar a súa entrada para o Racing de Ferrol
Os abonados do RC Deportivo que non recibisen o seu carné de abonado no seu domicilio e que queiran asistir ao partido ante o Racing de Ferrol o domingo 1 de setembro ás 17:00 horas teñen dúas opcións:
-Descargar a app do RC Deportivo e ter actualizado o abono dixital.
-En caso non utilizar a vía do abono dixital, deben retirar unha entrada. Poden facelo na Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) de até o venres incluído co seguinte horario: de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas. O domingo, día do partido, abrirán os despachos de billetes do Palacio dos Deportes desde as 14:00 até as 18:00 horas.
Aqueles que retiren a entrada, non poderán acceder co seu abono, xa que se lle queda bloqueado para ese partido.
O Club está implementando unha mellora tecnolóxica nos accesos a ABANCA-RIAZOR co obxectivo de axilizar a entrada ao estadio consistente nun abono con tecnoloxía RFID. Con iso, con achegar o carné ao lector abrirase automaticamente o torno de acceso.