Obrador notou na área rival "un contacto que me desestabiliza" e Ximo laméntase porque "non tivemos tanta claridade"
Rafa Obrador e Ximo Navarro pasáronse pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR.
O lateral zurdo balear manifestou que o punto "sabe a pouco porque tivemos as ocasións máis claras. Non tivemos o acerto que tivemos a semana anterior e isto penalizounos".
Desvela que na xogada da primeira parte na que cae na área malaguista "noto un contacto que me desestabiliza. O árbitro é o que decide e iso non o podemos controlar".
Obrador apunta que "temos xente arriba con moita calidade. A semana pasada demostrouse pero hoxe dominamos, tivemos as ocasións máis perigosas pero por mala sorte... Hai que traballar e os goles chegarán. A seguir traballando".
Recalca que "a nós nos encantaría gañar en ABANCA-RIAZOR diante de #ANOSAFORZA porque polo traballo que estamos a facer merecémonolo. As vitorias sempre son boas pero en casa sempre mellor".
Pola súa banda, o lateral destro Ximo Navarro opina que "en xeral merecemos máis que o Málaga CF. Eles tiveron unha ocasión clara nese tiro ao pau ao empezar o partido. Logo estivemos mellor que eles, buscamos máis sendo fieis ao noso estilo. Hoxe non tivemos tanta claridade nin fomos tan efectivos como nos gustou, como a semana pasada en Albacete".
Laméntase o defensor andaluz que "aquí en ABANCA-RIAZOR estea a faltarnos esa fortuna nos metros finais. Sempre que teñamos cantidade de chegadas á área rival estamos máis preto de gañar que de perder".
Promete "seguir insistindo e seguro que haberá moitas vitorias aquí".
Finalmente lembra "o difícil que é esta categoría. Vese en todos os partidos que pode gañar calquera a calquera equipo. Somos fieis a un estilo que nos gusta, que é o que quere o míster".