Ola John: "Quero devolverlle ao Dépor a confianza que demostrou ao ficharme"
Ola John, que o pasado xoves se estreou nunha convocatoria con Gaizka Garitano para o partido finalmente non xogado ante o Betis, subliñou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que "quero mostrar a miña capacidade e quero devolverlle ao Club a confianza que demostrou ao ficharme. Oxalá despois poida quedarme".
Recoñece que "me tarda xogar. Estas tres semanas foi para coñecer o equipo. Si, teño moitas ganas de xogar".
A nivel físico, advirte Ola John que "viña dunha lesión de tres meses nos isquiotibiais. Tiña que acabar a miña recuperación. Acabei e agora o que necesito son partidos".
Lembra que esa lesión sufrida sendo xogador do Wolverhampton Wanderers "era de seis semanas de recuperación. Volvín demasiado pronto. Entón esa recuperación de seis semanas converteuse nunha de doce semanas".
Xa no seu novo Club, no Dépor, e con 20 sesións de adestramento en Abegondo, cre Ola que "agora o que necesito para poñerme a tope son partidos".
Por este motivo, pide "empezar lentamente e despois de dous ou tres partidos estarei capacitado para ser titular".
Dos seus novos compañeiros, o internacional holandés destacou que "case todo o cadro sorprendeume, porque veño de Inglaterra, onde hai un estilo diferente. Aquí todos os xogadores presionan, son máis rápidos, teñen moita máis técnica".