RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Oriol Rise: ''temos que dar moito valor aos 32 puntos que temos''

  Oriol Rise, autor do único tanto do Dépor onte en San Mamés, reconoció esta mañana na sala de prensa de Abegondo que "después de calquera derrota o equipo está fodido. Non hoxe, a primeira

O dianteiro deportivista cre que "todos os anos hai situacións desas. O ano pasado vivímolo. Temos que dar moito valor aos 32 puntos que temos. Todos os que estamos aquí asinásemos a principio de tempada isto. Estar a máis oito do descenso. Hai que deixar os medos atrás e empezar a pensar que cada fin de semana podemos gañar, podemos facer esa vitoria que nos faga ter máis tranquilidade, poder sumar, poder seguir loitando, poder seguir mellorando".

Neste sentido, engade Oriol que eses 32 "puntos dannos tranquilidade, dannos forza para seguir e para crer no que estamos a facer. Estamos a facelo ben. Están a penalizarnos cousas e hai que seguir, hai que crer, non hai que desfallecer neste medo que ás veces nos impide facer máis cousas".
 
Prefire pasar páxina ao encontro de onte mércores ante o Athletic Club: "o pasado pasado está. Hai que ir a por o partido do Málaga desde o primeiro minuto, con intensidade, con ganas. Así é como sacaremos as cousas. Este equipo fíxoo anteriormente outros anos atrás, e seguirao facendo. O que non se pode é perder esas ganas, esa ambición de seguir".