Os Nosos adestraranse de novo o luns ás 11:00 en Abegondo
Finalizado o encontro ante a Real Unión de Irún en ABANCA-RIAZOR e a liga no grupo 1º de Primera Federación, Os Nosos descansan mañá domingo e adestraranse de novo o luns 27 de maio a partir das 11:00 en Abegondo.
O Dépor encara a próxima semana a Final de Campións ante o CD Castellón coa ida na Coruña o mércores 29 de maio ás 21:00 (TVG-2 e FEF TV) e a volta en Castalia o domingo 2 de xuño tamén ás 21:00 horas (TVG-2 e FEF TV).