RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL

Óscar Gilsanz: A miña satisfacción polo rendemento do equipo é porque todos están a dar pasos cara adiante, todos están a mellorar

Óscar Gilsanz subliñou este mediodía na sala de prensa de Abegondo que "a miña satisfacción polo rendemento do equipo é porque todos están a dar pasos cara adiante, todos están a mellorar e están a ser importantes. Polas razóns que fóran, xogadores que se cadra tiñan menos minutos o ano pasado, este están a ter máis e están a ter bo nivel; e iso para este corpo técnico é unha satisfacción moi grande".

De feito, asegura o adestrador fabrilista que "tratamos de pór o foco non en quen falta, senón en quen está para ser capaz de ir dando pasos cara adiante".

Advertiu que "a liga é moi igualada e entón cando te enfrontas a un rival 1 punto ou 3 por encima ou por baixo hai moi pouca diferenza. Expomos máis o partido pondo o foco no propio partido en si máis que na clasificación, máis que na distancia que poida haber co rival e cos obxectivos que poida ter o rival a nivel competitivo".

Subliña que "o que queremos, como equipo de formación que somos, é traballar en que o equipo compita, en que os mozos adquiran ese contexto competitivo importante para eles nun campo que che leva a iso e que necesitas desa competitividade dos xogadores para poder render ben e para que eles tamén lles valla como crecemento persoal".

O técnico fabrilista afirma que "a regularidade a buscamos sobre todo polo traballo cos xogadores, con esa mellora constante, con ese achegarnos ao primeiro equipo. Loxicamente a competición vainos avaliando e aí tamén queremos que a avaliación que teñamos sexa boa, pero non me fixo tanto en que se contamos cuns xogadores ou con outros, senón que os que participan cada semana pois vaia sendo cada vez mellores e cada vez váianse adaptando aos roles que lle toca. Nese sentido estou moi satisfeito con todos os xogadores, cos que baixan cando están durante a semana co primeiro equipo, cos que están diariamente sustentando dalgunha maneira o traballo diario e cos xuvenís que tamén se incorporan connosco cando temos esa necesidade".

Asegura que "a clave dun traballo de canteira é que por arriba vaian saíndo mozos. Loxicamente cando buscas ese rendemento competitivo, cuantos máis xogadores teñas, mellor. Pero si é certo que o noso primeiro obxectivo é que cada vez máis os xogadores pasen ao campo 2 ou ao campo 3 (os do primeiro equipo) a adestrar e gáñense pasar ás convocatorias e ter minutos. Creo que ese obxectivo se está conseguindo".

Do CD Guijuelo, rival mañá sábado 2 de decembro ás 17:00, indica que "ten moita experiencia na categoría, xogadores veteranos e de gran calidade. Ansía estar na zona alta e disputar ese play off".

Conclúe que "trataremos de ser competitivos, ser un equipo difícil para o rival, adaptarnos rapidamente á superficie e ser capaces de competir".