RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL

Óscar Gilsanz cre que o seu equipo atravesa un bo momento porque pomos o foco no día a día

Óscar Gilsanz manifestou este mediodía na sala de prensa de Abegondo que o Fabril atravesa "un bo momento porque pomos o foco no día a día. De 10 xornadas levamos tan só 2 derrotas. O equipo está a render a un bo nivel pero a nosa idea e a que lle tratamos de transmitir aos mozos é que hai que pór o foco no día a día, no traballo diario porque iso é o que nos vai a levar a seguir crecendo".

Ademais, asegura que "tentamos que poñan o foco só na competición do domingo, e despois do domingo virá outro. Cremos que para a formación dos xogadores é a mellor opción".

Explica que "despois do partido do domingo (en Torrelavega) analizamos o que nos levou a ese empate. As conclusións foron positivas para eles. O que tratamos é de traballar para facelo bo este domingo", ás 12:00 en Abegondo (TVG-2 e Youtube RC Deportivo) ante o Real Valladolid Promesas.

Precisamente do conxunto valisoletano subliña que "é un rival que xa non só por ser filial senón polo concepto de fútbol que manexa gústalle ter o balón, atacar a través da pelota, asociándose e cun ritmo moi alto na circulación. Os seus partidos adoitan ter un ritmo moi alto. Seguramente merecese máis puntos dos que realmente ten agora mesmo. É un equipo moi a ter en conta para este partido e para as xornadas seguintes".

Cun cambio de adestrador esta mesma semana (Álvaro Rubio substituíu a Xulio Baptista), Óscar Gilsanz indica que "preparamos o partido da maneira máis normal posible, vendo o que fixera o rival nas pasadas xornadas, focalizando no xogador". Iso si, admite que "cando hai un cambio de adestrador pode haber cambios, sobre todo nos propios xogadores. Actívase máis todo o mundo: o que xoga porque quere seguir e ve que pode haber cambios, e o que non xoga porque pode haber cambios que lle afecten. Entón todo o mundo dá un pouquiño máis. O Valladolid vai ser máis perigoso nese sentido pero a preparación do partido facémola en base ao que fixeron até agora independentemente de que non sexa o mesmo adestrador".

Por conseguinte vaticina "cousas que haberá que axustar no inicio do partido. Estaremos atentos o corpo técnico para poder modificar segundo a maneira de presionar que teñan, a maneira de situarse cando estean máis replegados e aí axustar dentro do que imos traballando semana a semana".