RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL

Óscar Gilsanz: "En Abegondo atopámonos arroupados e pode ser unha boa oportunidade para volver gañar"

Óscar Gilsanz compareceu esta mañá na sala de prensa de Abegondo como previa do seu encontro fronte á UM Escobedo deste domingo 20 de outubro ás 17:00 horas (YouTube RC Deportivo). O míster apunta após a súa derrota da pasada fin de semana en Luanco que "as semanas son sempre mellores cando se gaña", con todo "estase traballando ben e con normalidade". Ademais, valora o factor cancha, "en Abegondo atopámonos arroupados e pode ser unha boa oportunidade para volver gañar".

Con respecto ao rival, Gilsanz apunta que "é un equipo moi ben traballado, ten moitas variantes". A pesar de ser un recentemente ascendido, engade que "nos vai a obrigar a ler ben o partido".

Óscar resalta a importancia de ter minutos en Segunda RFEF para xogadores xuvenís como foi o caso recente de Noé, Guerrero e Pablo; e cre que é "moi positivo, sobre todo para o Club".