RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL

O Fabril paga con derrota en Luanco un partido "moi desafortunado", con 2 goles recibidos nos primeiros 9 minutos

O Fabril pagou cunha derrota (2-0) ante o Marino de Luanco o seu "moi desafortunado partido", tal e como o cualificou Óscar Gilsanz; con dous goles encaixados nos primeiros 9 minutos.

Avisara o adestrador do filial na rolda de prensa previa que no Estadio de Miramar "vívense os partidos dunha maneira intensa". Un bo exemplo foi a saída fulgurante do Marino de Luanco, unido a "erros graves que cometemos que fixeron que empezásemos por detrás no marcador. Iso lastrounos durante o resto do encontro".

Con este resultado, o filial queda con 7 puntos na décimo terceira posición.

Foron baixa para o choque por lesión Álex Pereira; Mardones; Manu Ferreiro; Jaime Garrido, este a consecuencia dunha lesión muscular no recto femoral da perna dereita; e Luisao, cunha contusión que sufriu após incorporarse de novo ao grupo superada unha lesión muscular.

Tampouco estivo Aarón, expulsado por dobre amoestación na última xogada do partido ante o UP Langreo.

Óscar Gilsanz si puido contar no once inicial con Kevin Sánchez, que se adestrou toda a semana co primeiro equipo.

Pola súa banda, o Marino de Luanco, que na pasada xornada deu a sorpresa en Pontevedra (0-1) co que iso supón de impulso anímico, presentábase ao partido en 5º lugar da táboa con 10 puntos.

O partido empezou da peor maneira posible para os coruñeses. Ao minuto de xogo, Óscar adiantaba aos asturianos no marcador ao recoller un balón solto na área despois dun centro lateral.

Este mazazo noqueó ao Fabril, que encaixou o segundo pouco despois, aos 9 minutos, de novo por mediación de Óscar. O atacante asturiano, protagonista do choque, fíxose cun rexeite da meta deportivista Alberto a disparo de Lora.

"Ao equipo custoulle estabilizarse, competir", admitiu o preparador fabrilista. 

Aos poucos o filial fíxose coa posesión do balón, aínda que sen crear perigo á meta de Dennis Díaz.

Á media hora, Alfaro, desde moi lonxe, estrelou o balón no poste da portería do Marino.

O cadro asturiano, un equipo tamén con velocidade á contra, atopábase cómodo esperando ao Fabril.

Ao descanso chegouse con este marcador favorable aos locais, que sería logo xa definitivo.

Após o paso polos vestiarios, Óscar Gilsanz realiza un triplo cambio coa entrada de Pablo García, Quique Fernández e Hugo Villaverde en busca dunha reacción fabrilista.

Saltou ao céspede coa lección aprendida o Fabril. "Parece que estabamos un pouco mellor pero non fomos capaces de estar preto de facer gol, non tivemos profundidade, non chegamos moito á área", resumiu Óscar Gilsanz.

Hugo Villaverde puido marcar no minuto 60 pero o seu disparo márchase lixeiramente desviado.

A última oportunidade foi para Nsongo Bil, que relevou a Noé no último cuarto de hora. O seu remate foise lixeiramente alto.

O partido acabou cun 2-0 logrado nos primeiros 9 minutos. "Foi un mal partido e un resultado máis que xusto", concluíu o técnico do filial.

O vindeiro domingo 20 de outubro ás 17:00 (YouTube RC Deportivo), o Fabril recibe en Abegondo ao UM Escobedo.

Mariño de Luanco: Dennis Díaz, Borja, Adolfo González, Morcillo, Tejera (César García, min. 70), Lora, Pinín, Isma Cerro (Álex Alemán, min. 70), Álex Arias (Diego Díaz, min. 35), Miguel Cuesta (Muñiz, min. 85) e Óscar (Guayasen, min. 70)

Fabril: Alberto, Quique Teijo (Carreira, min. 62), Marotías, Damián Canedo, Íker Vidal (Pablo García, min. 46), Alfaro, Fabi (Quique Fernández, min. 46), Guerrero, Noé (Nsongo Bil, min. 74), Kevín Sánchez e Darío Germil (Hugo Villaverde, min. 46)

Árbitro: David Ruiz Martín, do colexio cántabro. Amoestou a Damián Canedo (min. 17), Fabi (min. 32), Borja (min. 47) Kevin (min. 51) e Tejera (min. 67)

Goles: 1-0 Óscar (min. 1); 2-0 Óscar (min. 9)

Incidencias: Partido correspondente á 7ª xornada no grupo 1º de Primera Federación disputado no campo de Miramar