RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Óscar Gilsanz: "No momento no que o pasamos mal soubemos sufrir, soubemos estar no partido"

Óscar Gilsanz destacou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR "o esforzo que fixeron os xogadores" no transcurso do partido ante a SD Eibar.

Engade ademais que "no momento no que o pasamos mal soubemos sufrir, soubemos estar no partido. Nunha liga tan igualada como esta Liga Hypermotion moitos partidos decídense para o equipo que mentalmente sexa forte e que saiba esperar o seu momento. Este equipo hoxe fixo así".

Preguntado pola actuación de Helton Leite, indica que "temos 3 porteiros moi bos para a categoría. Helton é un porteiro que ocupa moita portería, é moi áxil para a envergadura que ten. Fai moitas paradas no partido. Está a achegar moitísimo, como é lóxico".

E no lateral zurdo, con Obrador hoxe titular e Escudero saíndo desde o banco, Óscar Gilsanz afirma que "temos dous grandes laterais, diferentes. Temos como corpo técnico, como máximo responsable a obrigación de aproveitalos o mellor posible porque son dous xogadores para axudar en todos os partidos os dous".

Finalmente na súa estrea en ABANCA-RIAZOR como adestrador do Dépor, apunta que "para min o importante é o momento do equipo. Estaba a pasar por un momento delicado e non creo que se deba pór o foco en se era o meu primeiro partido ou non. Para min é especial por suposto este primeiro partido co Dépor en ABANCA-RIAZOR pero o Club está por encima".