Pablo Marí e Michele Somma, na convocatoria do Dépor para visitar mañá ao Zaragoza
Pablo Marí, ausente a pasada xornada ante o CD Numancia por sanción, regresa á lista de convocados para visitar mañá sábado 4 de maio (18:00 horas, Movistar Partidazo) ao Real Zaragoza en La Romareda.
O central deportivista é un dos 19 futbolistas cos que José Luis Martí encara un duelo entre os dous clubs máis laureados de LaLiga 1|2|3, dous clásicos do fútbol español.
Caen da convocatoria por lesión Krohn-Dehli e David Simón. En caso do lateral canario, o técnico deportivista explicou na sala de prensa que "completou os dous últimos adestramentos co grupo. Está nese proceso de recuperación. É unha zona delicada esa da pube. Temos que ir con moito coidado".
Si está entre os citados Michele Somma, á espera da decisión do Comité de Apelación sobre o recurso do Dépor pola súa expulsión do pasado venres en Soria: "É a normativa, é o que sucede habitualmente. Imos esperar a esa decisión do Comité. Gustaríanos contar con el. O feito de recorrer ese cartón é porque entendemos que non existe tal falta", subliña José Luis Martí.
Esta mañá, no último adestramento previo ao encontro, o técnico branquiazul, hoxe ademais co fabrilista Álex Cobo, realizou cos seus futbolistas un repaso táctico e de accións a balón parado. Un exercicio de finalizacións e un partido completaron a sesión.
Os convocados emprenden viaxe a Zaragoza, segundo esta folla de ruta:
Venres 3 de maio 16:20: Saída do voo do Aeroporto da Coruña con destino Madrid 17:30: Saída en autocar a Zaragoza 20:45: Chegada aproximada ao Hotel Palafox de Zaragoza
Sábado 4 de maio 18:00: Real Zaragoza - Deportivo, na Romereda Ao concluír, regreso en autocar á Coruña
Finalizado o choque, o cadro regresa aos adestramentos o martes 7 de maio ás 11:00 horas en Abegondo.