Pablo Martínez incorporouse esta mañá a un Dépor que prepara o choque de Lugo con todos os efectivos
Pablo Martínez, que estivo luns e martes con traballo individualizado, incorporouse esta mañá aos adestramentos co grupo.
O central hispano-francés completou con total normalidade unha sesión con todos os futbolistas ás ordes de Imanol Idiakez, ademais dos canteiráns Mella, Jairo, Martín Ochoa, Diego Gómez e Barba.
O corpo técnico dispuxo, após unha activación con rondos, unha tarefa de transicións e un ensaio a campo completo de cara ao partido deste sábado 2 de setembro ás 21:30 (FEF TV) no Anxo Carro ante o CD Lugo.
Mañá xoves, Os Nosos adestraranse de novo en Abegondo a partir das 10:30, con almorzo previo para o cadro a partir das 8:30.