RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Óscar Gilsanz quere a un Dépor que "controle as situacións de partido, que compita"

Óscar Gilsanz manifestou na sala de prensa de Abegondo que quere un Deportivo que "controle as situacións de partido, que compita, que sen perder ritmo de xogo... sexa capaz de que o rival non lle faga dano".

Lembrou que a UD Almería, rival este domingo 17 de novembro ás 18:30 no UD Almería Stadium, "vén de Primera División, con futbolistas con moito nivel para a categoría. Xunto co Dépor é o equipo que máis disparos a porta fai, co cal ten unha bagaxe ofensiva importante".

Baixo estas premisas, márcase como obxectivo, "estar nós ben, que é o máis importante; que nos atopemos con confianza no partido e con capacidade para opornos ao rival. O UD Almería é un rival importante pero temos que pór a atención en nós e no ben que podemos estar nós".

Con varias baixas xa confirmadas, o técnico deportivista asegura que "temos un equipo con xogadores que son capaces de adaptarse a diferentes roles na estrutura do equipo".

Finalmente Óscar Gilsanz explica que "tratamos de aproveitar a bagaxe ofensiva que ten este equipo e ser capaces de darlle ese equilibro para que todas esas chegadas á área darlle un rendemento e que se transformen en puntos".