Sesión táctica para un Dépor "en bo momento para que o colectivo emerxa"
Nova xornada de adestramento para o Dépor hoxe venres no campo 3 de Abegondo.
A mañá arrincou na sala de vídeo por espazo de case media hora.
A continuación, após unha activación con rondos no campo 3, Óscar Gilsanz dirixiu unha tarefa táctica e un exercicio de finalizacións.
Están con adestramento personalizado Lucas, Mella, Jaime, Ximo Navarro, Jose Ángel e Mfulu; ademais da ausencia de Yeremay, concentrado coa selección española sub-21.
En rolda de prensa este mediodía, o técnico deportivista subliñou que os dous primeiros "teñen certas molestias e estamos a tratar de recuperlos para ver se chegan ao partido. Estamos aos coidar para ver se poden chegar".
Preguntado por Jose Ángel, explica que o futbolista andaluz "segue un tratamento para que remitan as súas molestias na pube, tentando que remita esa dor para poder valoralo máis adiante".
Así mesmo, matiza que Mfulu "fixo parte das sesións co grupo pero segue sendo baixa".
Óscar Gilsanz indica que coas ausencias "é unha oportunidade para que a forza do equipo saque o mellor que ten. É un bo momento para que o colectivo emerxa e que se faga un bo partido".
Pola súa banda, Kevin Sánchez, Pablo García e Samuel representaron a #ANOSACANTEIRA.
Mañá sábado 16 de novembro Os Nosos adestraranse na Cidade Deportiva a partir das 11:00. Ao concluír, Óscar Gilsanz fará pública a lista de convocados para o partido deste domingo 17 de novembro ás 18:30 no UD Almería Stadium.