Pablo Martínez confesou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que após recoller o Premio Estrella Galicia ao mellor xogador do Deportivo o pasado mes de marzo que "non estou afeito recibir premios. É unha alegría e doulle grazas a #ANOSAFORZA; pero douno se gañamos fóra de ABANCA-RIAZOR".
O central francés admite que lle "desbasten" as derrotas lonxe da Coruña "pero quedan 8 partidos, sabemos que temos que mellorar fóra se queremos facer algo esta temporada e a traballar. Hai que facelo, nada máis".
Cualifica de "terrible" a sensación de ver "o campo, con #ANOSAFORZA e non poder gañar. Queremos darlle as grazas a eles e darlles algo máis, pero é que non sae a cousa de momento. Estamos preparados para o partido desta fin de semana (en ABANCA-RIAZOR o sábado 8 de abril ante o CF Fuenlabrada). Temos que gañar si ou si. Nada máis, a traballar esta semana, non dicir nada".
Entende o enfado de #ANOSAFORZA porque "todos queremos o mesmo obxectivo e cando non o consegues, non ganas, pasan cousas así. Non é nada". "Estamos no mesmo barco todos. #ANOSAFORZA ten que seguir facendo o que fai porque é unha tolemia. Cando entramos no campo, vemos a toda a afección apoiándonos... Necesitamos darlle máis cousas, que o merecen", engade.
Con ampla experiencia no fútbol profesional, indica que "cando quedan 8 ou 9 partidos nunha temporada, todos son importantes, sexa en casa ou fóra de casa. Cada temporada é o mesmo, os últimos partidos mandan".
Pablo Martínez insiste en que nestes últimos 8 partidos "sabemos o que temos que facer. Estamos moi concentrados niso. Pasa polo partido desta fin de semana. Imos ir partido a partido. Cos resultados que fixeron os rivais esta fin de semana estamos a 4 puntos. Se gañamos esta fin de semana, cada semana poden pasar moitas cousas. É a maxia do fútbol. Perdemos estamos cuartos, gañamos este partido e podemos estar segundos... E vai cambiar até o final de temporada. Estamos moi concentrados no obxectivo".
Asegura que Óscar Cano está "concentrado no obxectivo, como nós. Nós estamos detrás del, estamos no campo, non está a xogar o míster. Despois de marcar (Mario Soriano) eu pensei que por fin iamos gañar fóra de ABANCA-RIAZOR e desde que encaixamos o empate baixamos moitísimo o nivel. É algo de mente, de cabeza. Hai que cambiar isto".
Precisamente atribúe este cambio entre os partidos en ABANCA-RIAZOR e fóra a "algo na cabeza. Hai que cambiar a mente, ir pensando que 'non podemos perder este partido e non podemos encaixar máis goles fóra de casa'. Hai que cambiar a mente e ir a tope, a gañar. Nada máis".
Apreciou en Salamanca que "cambiamos despois de encaixar o empate. Nos 15 primeiros minutos tiñamos a pelota, xogabamos moi ben; e despois de encaixar este gol baixamos moitísimo o nivel. Estamos fóra de ABANCA-RIAZOR, a xente apoia ao seu equipo e eles cambiaron un pouco o ritmo. Hai que aguantar iso. Vainos a pasar en cada campo fóra de casa. Se melloramos iso, xa podemos dar un paso adiante".
Finalmente, explica que o pasado sábado lle sucedeu algo que "desde pequeno fixen probas para saber de que vén iso. Non saben nada. Ás veces cando termino un partido e teño moita calor sufro hemicrania oftálmica. En Salamanca foi a primeira vez que o teño nun partido. A verdade é que me sentía moi mal, non vía a máis de 10 metros. Vía aos meus compañeiros preto de min, pero despois vía só cores e entón para xogar era moi difícil. Esperamos o descanso a ver se pasaba e empecei a ver outra vez ao minuto 75. Entón o mellor era que outro xogador ao cento por cento xogase".