No adestramento de onte luns, o futbolista Adrián López sufriu unha escordadura no seu xeonllo esquerdo que lle provocou unha lesión de grao 1 no ligamento lateral interno.
O atacante deportivista realizará tratamento médico e tarefas progresivas de readaptación, até o seu definitivo regreso aos adestramentos de grupo.