RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Parte médico de Alberto Quiles

Os Servizos Médicos do Real Club Deportivo, que dirixe o doutor Carlos Lariño, confirmaron que Alberto Quiles sofre unha dobre fractura do seo maxilar e do chan da órbita a consecuencia da patada que recibiu onte no Nuevo Arcángel de Córdoba.
O dianteiro andaluz, que regresou á Coruña co resto da expedición deportivista, será valorado nas próximas horas no Hospital Quirón Salud A Coruña polo cirurxián maxilofacial Álvaro García-Rozado, que, de acordo cos médicos branquiazuis, establecerá a folla de ruta para a súa recuperación.