A futbolista do Dépor ABANCA Henar Muiña foi sometida a probas médicas para ditaminar o alcance exacto das molestias que lle obrigaron a pedir o cambio no transcurso da XII edición do Trofeo Teresa Herrera.
Os Servizos Médicos do RC Deportivo confirmaron unha lesión miotendinosa no semimembranoso da perna esquerda.
Henar estará con tratamento médico e de fisioterapia antes de iniciar a etapa de readaptación física, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.