Jaime Sánchez foi sometido a probas médicas para ditaminar o alcance exacto das molestias musculares que arrastra.
Os Servizos Médicos do RC Deportivo confirmaron que o defensor deportivista sofre unha lesión na musculatura isquiotibial da súa perna dereita.
Jaime estará uns días con adestramento personalizado supervisado polo readaptador Álex Canosa para, en función da súa evolución, iniciar posteriormente a súa progresiva incorporación ao traballo de grupo.