Juan Gauto foi sometido a probas médicas no Hospital Quirónsalud A Coruña para ditaminar o alcance exacto das molestias que lle obrigaron a retirarse do adestramento do pasado luns.
Os Servizos Médicos do RC Deportivo confirmaron unha lesión muscular no aductor da súa perna dereita.
Gauto estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia antes de comezar a fase de readaptación física, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.