Gaël Kakuta foi sometido a probas médicas complementarias para ditaminar o alcance exacto das molestias que lle obrigaron onte xoves a saír do adestramento.
Os Servizos Médicos do RC Deportivo detectáronlle unha bursite na súa cadeira esquerda, para a que inicia tratamento médico e de fisioterapia.
Segundo a súa evolución, pasará inmediatamente a realizar un traballo de readaptación deportiva ás ordes de Fran Molano, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.