Esta tarde, Pedro Mosquera foi sometido a unha resonancia magnética para avaliar as molestias que arrastra no seu cuádriceps dereito.
Os Servizos Médicos do RC Deportivo, á vista das probas de imaxe, comprobaron que a lesión de grao 1-2 que sufriu no recto anterior dereito non obtivo unha cicatrización satisfactoria.
Así pois, o futbolista coruñés inicia agora tratamento de fisioterapia e repouso deportivo, ata completar unha satisfactoria cicatrización.
Unha vez superada esta fase, pasará a unha etapa de readaptación deportiva, ás ordes do readaptador Fran Molano.