Após as probas ás que foi sometido ao seu regreso á Coruña por parte dos Servizos Médicos do Deportivo, ao lateral arxentino do Deportivo Sebastián Dubarbier diagnosticóuselle unha lesión grao 2 do bíceps femoral.
Empezará a realizar o tratamento fisioterápico correspondente para reincorporarse ás tarefas de readaptación física e, posteriormente ao traballo co grupo, a medida que as molestias e a evolución da lesión o permitan.