Os Servizos Médicos do Real Club Deportivo diagnosticaron a Luisinho unha lesión grao 1-2 no músculo semimembranoso da coxa da súa perna esquerda.
Pola súa banda, Bruno Gama sofre unha rotura grao 1 no músculo recto anterior da coxa dereita.
Ambos os futbolistas realizarán tratamento fisioterapico até poder comezar primeiro a readaptación aos esforzos específicos e despois a práctica do fútbol co resto do equipo.