RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Paula Monteagudo seguirá a próxima temporada no Deportivo ABANCA

Paula Monteagudo Ibáñez (Vigo, Pontevedra, 9 de maio de 2002) renovou o seu contrato co Deportivo ABANCA por unha temporada, aínda que con licenza federativa do filial, co que tamén podería xogar co segundo equipo de Primeira Nacional.

A polivalente xogadora deportivista incorporouse ao Deportivo ABANCA B na temporada 2021-22, procedente do Sárdoma CF. Na súa primeira campaña en Abegondo disputou 20 partidos, todos eles de titular, e anotou 12 goles.

A campaña pasada, 2022-23, xa en dinámica do primeiro equipo, foi titular no filial os 12 partidos nos que foi convocada e marcou 10 goles. Ás ordes de Irene Ferreras no Dépor ABANCA participou en 16 partidos, 8 deles como titular.

Monteagudo súmase ao cadro deportivista 2023-24 tralas renovacións de Lucía Alba, Henar Muiña e Cris Martínez durante o curso 2022-23, as recentes ampliacións de Millene, Raquel García, Charle, Samara, Carlota Sánchez, Eva Dios e Yohana, as xogadoras con contrato en vigor: Inés Altamira, Paula Gutiérrez e Ainhoa Marín, e as fichaxes de Clara Rodríguez (FC Barcelona B), Laurina (Real Betis Féminas), Sara Debén (Fundación Albacete Femenino), Ayaka Noguchi (CP Cacereño Femenino) e Ana de Teresa (Levante UD).