RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Pedro Sánchez apunta que "cremos até o final" e Dani destaca "o traballo de todo o mundo"

Pedro Sánchez, goleador esta tarde, e Dani Giménez foron os protagonistas do Dépor na zona mixta do Estadio da Romareda.

O atacante deportivista destaca que o triunfo é "grazas ao equipo, que creu até o final. Hai veces que os partidos non saen como un quere. Até o último momento cremos para esta vitoria".

Asegura que non saltou ao céspede extra motivado polo feito de xogar dúas temporadas no Real Zaragoza: "A miña motivación é a mesma sexa na Romareda ou sexa en calquera campo. Sempre tento axudar ao meu equipo no máximo. Agora tocoume no máis que se pode".

Mostrouse agradecido polas palabras do míster José Luis Martí na sala de prensa e agora "a tentar axudarlle o domingo en todo o que lle faga falta".

Pola súa banda, Dani Giménez, un dos destacados, indicou que "agora estamos para gañar así. Levamos dous partidos sufrindo ao final para conseguir os 3 puntos. Pero é a maneira de crecer. Espero que isto valla á xente para que se vaia soltando. Hoxe vimos a xente que lle estaba custando dar un pasiño adiante. Os resultados son os que nos van a dar ese empuxón".

En opinión do meta deportivista, "estamos a traballar ben e non se ve reflectido os domingos. Esa solidez que tentamos traballar e esa seriedade e crer en nós mesmos até o final estámolo a conseguir".

Conclúe Dani que "o fútbol son resultados. Creo que poderiamos xogar moito mellor pero na dinámica na que estamos, o que conta son os 3 puntos, ir para casa contento e afrontar o partido do Cádiz coa tranquilidade de que estás a conseguir gañar".

Valora a súa actuación e o do resto dos seus compañeiros esta tarde en Zaragoza: "É importante acabar ben a temporada, que todos esteamos ao noso mellor nivel porque o que nos espera é difícil, complicado. Todos temos que dar o máximo".

Regresa á Coruña "moi contento coa miña actuación, moi contento co gol de Pedro e sobre todo con esa solidez e o traballo de todo o mundo. Xente que ten outro perfil e correu como o que máis, pelexou nun campo que non é fácil".