Pedro Sánchez e Uxío avalan aos debutantes Quique González e Ortolá
Os atacantes Pedro Sánchez e Uxío atenderon aos medios de comunicación após concluír o amigable en Carballo.
Pedro lembrou que o equipo "tivo que adaptarse ás circunstancias do campo", en referencia á herba sintética das Eiroas. "Ao final non estamos afeitos a estes terreos de xogo", recalca.
Viu "fenomenal" aos dous debutantes: Quique González e Ortolá: "Son persoas sensacionais. Un deles puido marcar e é bo para el".
A nivel particular Pedro Sánchez mostrouse "moi contento" da marcha da pretemporada. "Collendo o ritmo tanto eu como os meus compañeiros para chegar á primeira xornada o mellor posible", explica.
O canteirán Uxío, autor do segundo gol, advirte que Quique González é un futbolista "contrastado. Vén á Coruña a deixar pegada porque o Club desembolsou unha cantidade importante. Vai demostrar esta temporada e en futuras temporadas do que é capaz".
É consciente que o seu sitio é o Fabril, pero "aproveitando e gozando un pouco a situación" no primeiro equipo. "Calquera deportivista e xogador do filial morre de ganas de xogar no Deportivo", lembra.