RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Pepe Mel: "Perdemos e non merecemos ese resultado"

Pepe Mel manifestou na sala de prensa do Estadio ABANCA-RIAZOR que o partido ante o Girona deixa "sensacións moi malas. Non conseguimos nada. Creo que non é xusto, pero a xustiza no fútbol non vale para nada, o que vale é o resultado. Perdemos e creo que non merecemos ese resultado. É o que é".

Preguntado pola actuación do colexiado, Gil Manzano, opina que "non estamos a ter sorte. Xa sabedes o penalti que nos pitaron en Valencia contra o Levante privounos de dous puntos. Hoxe a verdade é que tivemos que loitar costa arriba co 0-1, un penalti que non o vou a cualificar. Para iso estades vós. Fixemos o suficiente na segunda parte ata o 1-2 para non empatar, para gañar. Pero non concretamos. É o típico partido que cando está de que non é que non".

Lamentouse ademais pola lesión de Adrián no seu ombreiro dereito, pendente de probas médicas nas próximas horas: "Todo son malas noticias", concluíu.

Pola súa banda, Pablo Machín, técnico do Girona, indicou que este triunfo supón "unha satisfacción porque non só para min senón para o 90 por cento dos futbolistas que dirixo é unha vitoria histórica. Primeira vitoria do Girona fóra de casa (en Primeira División)".

Ademais, apunta que "ratifica o que viñamos facendo, que é un bo traballo en moitos campos. Recoñezo que fixemos mellores partidos noutros estadios, que demos máis sensación de saber facer máis cousas en ataque. Pero no fútbol non recibes a recompensa cando queres senón cando os rivais cho permiten ou tes acerto".

Por este motivo, "ata o 1-2 non fomos o Girona que somos capaces de ser. Pero algo fixemos ben cando fixemos un pouco peor do que ata agora era o Dépor. A partir do 1-2, ao equipo vino coas ideas claras, coa confianza, defendemos ben".