RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Prato forte da DéporXira Auga de Parada coa semifinal do Teresa Herrera esta tarde ante Unionistas de Salamanca CF

A DéporXira Auga de Parada 2024 ten esta tarde en ABANCA-RIAZOR (20:30) un dos pratos fortes da pretemporada co partido ante o Unionistas de Salamanca CF de Primera RFEF na segunda semifinal da LXXIX edición do Trofeo Teresa Herrera, choque que serve ademais de presentación oficiosa do equipo branquiazul ante #ANOSAFORZA despois de 5 amigables lonxe da Coruña.

O encontro será retransmitido en directo pola canle oficial de YouTube do RC Deportivo grazas a Auga de Parada.

Esta firma, referente histórico en cidade no equipamento para baños, fai posible a retransmisión de todos os partidos de pretemporada.

Auga de Parada esponsorizó as retransmisións da última DéporXira, a da pretemporada 2023-24, e patrocinou durante as dúas últimas campañas as emisións de partidos desde Abegondo, que comezaron durante o curso 2022-23 con todos os encontros do Dépor ABANCA e algúns de Fabril e Xuvenil A.

Tal e como subliñou onte na sala de prensa, Imanol Idiakez empregará o decano dos torneos estivais tamén "para ver cousas porque sempre ven cousas, sobre todo cando xogas en ABANCA-RIAZOR".

Son baixa Yeremay, Alcaina, Jaime e Sergio Escudero. Sobre este último, o preparador deportivista fala de "2 meses no mellor dos casos, así que o imos a ter fose un bo tempo. É un contratempo importante porque é un grandísimo fichaxe, un futbolista contrastadísimo cun nivel moi alto que xa o estaba demostrando os partidos nos poucos intres que puidera xogar. É unha pena pero hai que adaptarse e a partir de aí funcionar".

Si entrou na convocatoria Nuke Mfulu após a súa fichaxe polo Dépor. O técnico branquiazul apunta que a súa posición, mediocentro, "o ano pasado tiñámola practicamente só con Jose Ángel específico. Jaime fíxonos un grandísimo traballo os días que lle necesitamos e por fin dobramos, cun futbolista contrastado, nun momento de moitísima madurez na súa carreira, que vén de 2 proxectos importantes en Segunda División con dous ascensos, Elche CF e UD Las Palmas. Está nun momento de madurez importante e estou convencido que ademais, polo pouco que vimos pero polo tipo que nos atopamos, acertamos e que nos vai a axudar moito ao equipo".

Rubén López, Pablo García, Kevin, Guerrero e Pablo García son os canteiráns que entraron na citación.

Preguntado onte por Kevin, Imanol Idiakez opina que "é un futbolista novo que lle temos moitísima fe. Os mozos novos dependen moitas veces da evolución, uns tardan máis, outros tardan menos. Ten unhas condicións moi concretas. A min é un xogador que desde desde que o coñecín sempre gustoume moito porque é moi agresivo, xera moitísimas cousas. Imos ver o seu punto de madurez cando o vai alcanzando, pero é un futbolista que en toda a parte de arriba pode xogar en calquera posición, tanto máis aberto como un pouquiño máis centrado".

O Dépor realizou esta mañá unha última sesión de traballo, meramente táctica, en Abegondo.

Até a data na DéporXira Auga de Parada Os Nosos derrotaron ao Ourense CF (0-4) e Pontevedra CF (0-2); empataron co FC Famalicão (2-2) e Gil Vicente FC (0-0); e caeron co GD Chaves (2-0).

Antes do encontro, David Mella, campión de Europa sub-19, recibirá o agarimo do Club e de ANOSAFORZA acompañado pola deportivista Marina Artero, campioa europea en categoría feminina.

Pola súa banda, o Unionistas de Salamanca CF conta coas baixas por lesión de Jordi Tur e Míkel Serranoe viaxan á Coruña cun total de 6 canteiráns.

O seu adestrador, Dani Llácer, subliña que a invitación ao Teresa Herrera "para nós é unha honra, para os xogadores, corpo técnico, traballadores do Club, para todos. É moi especial poder xogalo".

O equipo salmantino estará apoiado nas bancadas de ABANCA-RIAZOR por 233 afeccionados.

Este verán, Unionistas CF derrotou ao Real Ávila (1-2) e ao Zamora CF (2-0); e empatou co CD Numancia (1-1).