RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Primeiro adestramento de Eric Puerto en Abegondo cun Dépor que "está a traballar ben"

Eric Puerto, reforzo branquiazul neste mercado de inverno, adestrouse esta mañá por primeira vez cos seus novos compañeiros na Cidade Deportiva.

O novo porteiro deportivista, que onte chegou á Coruña e pasou o recoñecemento médico, foi titular o pasado 3 de xaneiro co seu anterior club, o Antequera CF, no seu partido do grupo 2º de Primera Federación ante o AD Ceuta. Con 13 partidos de liga e 1 de Copa del Rey xogados esta temporada, aterrou no Dépor nas condicións físicas idóneas para completar con normalidade a sesión de hoxe ás ordes de Imanol Idiakez.

O corpo técnico dispuxo após unha activación, un primeiro exercicio táctico ofensivo e defensivo. Así, mentres Imanol Idiakez traballaba cos defensores nunha metade do campo, Mario Gibanel facía o propio cos dianteiros na outra metade do campo 3.

Un partido táctico once contra once no campo 2 en espazlos amplos completou unha fría e chuviosa mañá en Abegondo.

En rolda de prensa, Davo, após recoller o Premio Estrela Galicia que o acredita como mellor xogador para os medios de comunicación e #ANOSAFORZA do mes de decembro, mostrouse partidario da idea do técnico colchoneiro Cholo Simeone de "ir partido a partido" ante os choques con rivais da zona alta como este domingo 14 de xaneiro ás 18:00 (FEF TV) a Cultural Leonesa e logo SD Ponferradina (domingo 21) e Celta Fortuna (domingo 28); e asegurou que ve aos seus compañeiros "traballando ben". 

Villares, Pablo Valcarce, Berto Cayarga, o canteirán Martín Ochoa e Retuerta estiveron hoxe con traballo personalizado.

Pola súa banda, Mella, Rubén López, Iano Simão e Jairo representaron a #ANOSACANTEIRA.

Mañá xoves hai xornada de descanso. O equipo volve aos adestramentos o venres a partir das 11:00, con almorzo previo a partir das 8:30 xa na instalación.

GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK