RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Lucas Pérez: "As cousas van saír, téñoo moi claro"

O capitán do Dépor mostrouse moi positivo, ilusionado e, sobre todo, tranquilo na súa comparecencia na sala de prensa de Abegondo esta mañá. Comentou que no partido de Córdoba "non estivemos ben, non hai que buscar escusas, pero aínda así tivemos as nosas ocasións" e insiste en que "isto acaba de empezar" e avoga pola paciencia e a tranquilidade: "as cousas van saír, téñoo moi claro".

No persoal, Lucas resalta o bonito que é xogar e anotar co Dépor en tantas competicións diferentes e cando se retire levarao "con moito orgullo e satisfacción".

Con respecto á situación do equipo no balón parado, insiste en que ten "cero preocupación" e confía ao 100% no traballo do día a día: "este ano estamos a conceder a balón parado, pero hai que seguir traballando para mellorar nese aspecto". "Tamén temos que traballar a xente de arriba, un gol pode cambiar un partido", engade o 7.

Lucas Pérez resalta que "o bloque que se conserva da pasada temporada é fundamental e estanse adaptando moi ben os novos" e mantense optimista porque "volvemos ao fútbol profesional e as cousas están a facerse ben".

En relación a Imanol Idiakez, "o míster está curtido en mil batallas" comenta o capitán, "o apoio e a confianza son totais nel e estamos aquí para axudalo". Reitera que "a ilusión é máxima, após ascender dunha categoría que non nos correspondía".

Lucas destaca a boa conexión que hai entre a xente de arriba, "as posibilidades que temos en todas as posicións do campo son moi boas, pero necesitamos tempo de adaptación".

O obxectivo sitúao en "o máis alto posible", pero, principalmente no traballo do día a día e de ir gañando cada partido. Ademais, aproveita para sinalar a competitividade e a dificultade da categoría. Finalmente, indica que o Burgos CF "poranos moi difíciles as cousas e o partido será bonito", "temos que aproveitar o factor ABANCA-RIAZOR para enganchar unha boa dinámica".