Primeiro adestramento de Helton Leite co Dépor en Abegondo
Helton Leite, que completou á primeira hora da mañá no Hospital QuirónSalud A Coruña as probas médicas, incorporouse xa aos adestramentos do Dépor en Abegondo.
O porteiro brasileiro foi un máis co seu tres compañeiros de demarcación: Germán, Eric Puerto e Alberto.
Na súa presentación asegurou sobre o seu debut que "todas as decisións son do adestrador. Veño preparado para o que o Club e o adestrador necesite. Estou listo para o que sexa necesario e deixo a decisión aos responsables".
Helton Leite tivo traballo co preparador de porteiros Alberto Casal e tamén participou nun partido no campo 3 co que Imanol Idiakez comezou a preparar a visita do Real Oviedo a ABANCA-RIAZOR prevista para este sábado 17 de agosto ás 19:00 (LaLiga TV Hypermotion e Movistar+), correspondente á 1ª xornada en LaLiga Hypermotion.
Unha tarefa de fútbol reducido, de alta intensidade, completou a sesión no campo, que arrincou cunha activación con roda de pases.
Con só Escudero fóra do grupo, Rubén, Pablo García, Kevin Sánchez, Aarón Sánchez e Adrián Guerrero foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.
De Kevin falou Fernando Soriano, o Director Deportivo, en rolda de prensa este mediodía: "Tivo moitas peticións doutros clubs. O rendemento, a actitude, o comportamento, o día a día de Kevin é incrible. O míster tenlle moita consideración. É un xogador máis. Ten esa ficha Fabril. Pode competir co filial se non vai disputar minutos co primeiro equipo".
Mañá mércores 14 de agosto, Os Nosos está citados na Cidade Deportiva a partir das 8:30 para almorzar e saltar ao céspede ás 10:30.