Raúl Albentosa, Xogador Estrella Galicia do mes de marzo
Raúl Albentosa foi elixido pola afección do Real Club Deportivo como Xogador Estrella Galicia do mes de marzo. O acto de entrega do premio tivo lugar esta tarde na Cidade Deportiva de Abegondo.
En marzo o catro finalistas (por triplo empate) seleccionados polos medios que cobren a diario a información do RC Deportivo foron Lucas (13 votos), Albentosa, Andone e Sidnei (10 votos cada un). Os partidos a avaliar eran os disputados contra Eibar, Girona e Las Palmas. Nas votacións en Twitter e Facebook, os apoios repartíronse así: 3.840 votos en Twitter (41% Albentosa, 29% Andone, 19% Lucas e 11% Sidnei) e 91 en Facebook (42,9% Andone, 26,4% Albentosa, 19,8% Lucas e 11,0% Sidnei).
Deste xeito, Albentosa colle a testemuña de Andone (xaneiro e febreiro) no cadro de honra do galardón ao Xogador Estrella Galicia 2017-2018 e súmase no palmarés a Luisinho (setembro), Fede Valverde (outubro), Fabian Schär (novembro) e Adrián López (decembro)
O central de Alcira recibiu o premio de mans do hostaleiro do mes: Juan Beneitez de Vita. k, Rúa Galera, 13 (A Coruña), acompañado por Cristian Martín, delegado comercial de Estrella Galicia. Raúl, pola súa banda, fíxolle entrega dunha camiseta asinada e enmarcada para o seu establecemento.
Tras o acto, Raúl Albentosa agradeceu aos medios, que son os que elixen a terna de finalistas "e tamén á xente, que nesta situación tan difícil, recoñeceu o meu traballo e eu agradézollo de todo corazón porque porque a nivel persoal agradécese moito", comentou antes de desexar sorte ao equipo para o que resta de tempada.