RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Regreso por estrada para As Nosas antes dunha semana con parón ligueiro

Finalizado o encontro na Cidade Deportiva José Luis Compañón en Ibaia ante o Deportivo Alavés, As Nosas emprenden viaxe de regreso á Coruña por estrada.

Mañá domingo será xornada de descanso posto que Irene Ferreras citou ao seu cadro o luns 19 para un adestramento que arrincará ás 10:00 horas en Abegondo.

As próximas dúas semanas haberá parón de liga; así que a seguinte cita para o Dépor ABANCA en Primera Federación Iberdrola será o sábado 9 de marzo ás 12:00 na Cidade Deportiva ante o Alhama CF (Youtube RC Deportivo).