RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados de ANOSACANTEIRA feminina, con 3 partidos e 3 triunfos hoxe domingo

Hoxe domingo 29 de setembro o protagonismo en ANOSACANTEIRA feminina foi para o Deportivo ABANCA B, que venceu en Abegondo (1-0) ao CD Lugo.

Óscar Orro, técnico deportivista, puido xa contar con Elena Vázquez e Redru, que participaron coa selección española sub-17 en dous amigables esta semana ante Portugal e México.

Na convocatoria estivo tamén Antía Veiga, a gardameta cadete que este luns se incorpora á concentración da selección española sub-16 en Las Rozas (Madrid).

Decidiu un tanto de Paula Monteagudo, unha futbolista en dinámica do primeiro equipo, no inicio da segunda metade.

En Primera Autonómica, o Orzán SD Sub-21 (na foto principal da noticia) dobregou ao Domaio FC (2-1) grazas aos goles de Iria Otero e Daniela Macedo na última media hora de partido. As orzanistas son quintas na táboa con 7 puntos, a 2 puntos do liderado.

Así mesmo, o Orzán SD Xuvenil (na foto inferior) derrotou en Segunda Autonómica ao Cultural Maniños (1-6) con goles de Lola Freire, Lucía González -2-, Marta Moreno, Nadia Longueira e Sara Martínez. Os orzanistas, con 7 puntos de 9 posibles, marchan no grupo de cabeza da táboa.

Onte sábado entraron en xogo os dous equipos infantís, que ademais se enfrontaron entre si na Torre na 1ª xornada da Liga Galega.

Gañou o A con tantos de Valentina Fernández -2-, Helen Vega, Leire Vicente e Daniela Arrojo.

Ao Orzán SD Cadete tocoulle descansar, polo que o seu primeiro partido na Liga Galega será a primeira fin de semana do mes de outubro.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Tercera Federación
4ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 1 (Paula Monteagudo) - CD LUGO 0

Primera Autonómica
3ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 2 (Iria Otero e Daniela Macedo) - DOMAIO FC 1

Segunda Autonómica
3ª xornada: CULTURAL MANIÑOS 1 - ORZÁN SD XUVENIL 6 (Lola Freire, Lucía González -2-, Marta Moreno, Nadia Longueira e Sara Martínez)

Liga Galega infantil, subgrupo 1º
1ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B 0 - ORZÁN SD INFANTIL A 5 (Valentina Fernández -2-, Helen Vega, Leire Vicente e Daniela Arrojo)