RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados deste venres en ANOSACANTEIRA, con 3 equipos na Níjar Súper Cup 2024; e calendario da fin de semana

Os dous equipos alevíns e os dous benxamíns do Dépor abriron o pasado martes o calendario de ANOSACANTEIRA co seu partido de liga correspondente á 2ª xornada da Primera A Coruña de fútbol 8.

O motivo de que se adiantasen estes encontros é que os 'fabriles' compiten esta fin de semana na Níjar Cup de Almería.

O prestixioso torneo almeriense, que contou coa participación tamén dun San Tirso SD Infantil apeado na Primera Fase, chega mañá sábado aos oitavos de final coa representación do Fabril FC Alevín (na foto principal) e o Fabril FC Benxamín (na foto inferior).

A da fin de semana será unha mini xornada de competición debido a que teñen parón ligueiro esta semana o Xuvenil A, os dous equipos cadetes e os dous infantís, neste caso debido á disputa da Primera Fase do Campionato de España de seleccións autonómicas sub-16 e sub-14 que se disputa en Madrid.

Os deportivistas Ramón, Samba, Mauro, Gael Irimia; ademais de Eder, Raúl Lema e Anxo do San Tirso SD Cadete, están coa selección galega sub-16, que ten como rivais a Madrid e Canarias.

Así mesmo, os branquiazuis Julen, Antón, Hugo e Tiago; ademais de Hugo Macedo do San Tirso SD Infantil, competirán coa selección galega sub-14 tamén ante Madrid e Canarias.

Na fin de semana destaca o encontro do Fabril en Abegondo ante o CD Guijuelo (Youtube RC Deportivo), fixado para o domingo 3 de novembro ás 12:00 e con David Lagar na Dirección Técnica.

Os fabrilistas chegan ao choque despois de dúas vitorias consecutivas, ante o UM Escobedo e fronte ao Rayo Cantabria.

O Club mantén activo o protocolo de apertura con rexistro de asistentes da Cidade Deportiva.

Poden retirar entradas dispoñibles, ata esgotar aforo e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre na bancada e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.

O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición do aforo nun proceso 100 % telemático.

Tamén está habilitado simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

O outro partido da xornada da fin de semana será mañá sábado 2 de novembro, o do Xuvenil B en Vilagarcía (12:00) ante o Arosa SC B. Os branquiazuis son segundos na Liga Nacional, a 2 puntos do liderado.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda Federación
10ª xornada: FABRIL - CD GUIJUELO, o domingo 3 de novembro ás 12:00 en Abegondo

Categoría xuvenil
9ª xornada: AROSA SC B - XUVENIL B, este sábado 2 de novembro ás 12:00 no campo Manuel Jiménez Abalo (Vilagarcía)

Níjar Súper Cup 2024
Primera Fase
Xoves 31 de outubro
CD COMARCA DE NÍJAR B 0 - SAN TIRSO SD INFANTIL 3 (Ruy Caamaño, David Gómez e Yoel Darriba)

Venres 1 de novembro
SAN TIRSO SD INFANTIL 0 - CD POLIDEPORTIVO EL EJIDO 1
UD CIUDAD DE ROQUETAS 1 - SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (David Gómez)

Categoría alevín
Primera A Coruña de fútbol 8, 2ª xornada (martes 29): ALEVÍN A 7 (Pablo Sánchez -2-,  Mateo Cortizas -2-, Sergio Fernández, Xiao Fontao e Alejandro Astray) - FABRIL FC ALEVÍN 0

Níjar Súper Cup 2024
Primera Fase
Venres 1 de novembro
FABRIL FC ALEVÍN 4 (Antón Fernández, Enzo Fernández, Mateo Songo'o e Andrés Valencia) - CD COMARCA DE NÍJAR C 0
FABRIL FC ALEVÍN 3 (Enzo Fernández -2- e Leo Lorenzo) - CF RETAMAR EL TOYO A 0
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Andrés Valencia) - SAN ROQUE BALOMPIÉ 3

Sábado 2 de novembro
Oitavos de final
11:20: FABRIL FC ALEVÍN - MÁLAGA CF

Categoría benxamín
Primera A Coruña de fútbol 8, 2ª xornada (martes 29): BENXAMÍN A 7 (Leo Barro -2-, Leo Galván -2-, Gael Fernández, Nico Castro e Marco Dios) - FABRIL FC BENXAMÍN 0

Níjar Súper Cup 2024
Primera Fase
Venres 1 de novembro
FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Tomás Sánchez) - CUEVAS CF 0
FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Tomás Sánchez) - LA CAÑADA ATLÉTICO 1
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Hugo Cancela e Hugo Rey) - ARENAS DE ARMILLA CyD 2

Sábado 2 de novembro
Oitavos de final
10:20: FABRIL FC BENXAMÍN - CD VERA