RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados hoxe sábado en ANOSACANTEIRA e calendario de mañá domingo, co Fabril - Ourense CF como prato forte

Mañá domingo a atención en #ANOSACANTEIRA está centrada no Fabril, que cumpriu o pasado mércores 110 anos. Recibe ás 12:00 (Youtube RC Deportivo) ao Ourense CF, 2º clasificado após o Pontevedra CF e claro aspirante ao ascenso.

Óscar Gilsanz poderá contar con Kevin Sánchez, quen xunto a David Mella estivo concentrado coa selección española sub-19 para disputar dous partidos amigables ante Noruega no Estadio Guillermo Amor de Benidorm.

O dianteiro fabrilista tivo minutos nos dous amigables. No de onte xoves foi titular e anotou o gol do triunfo español.

Tamén está na lista Martín Ochoa, que xa se adestrou onte venres co Fabril, e Diego Gómez, superada unha lesión que o mantivo uns meses fose do equipo.

O Club mantén activo o protocolo de apertura con rexistro de asistentes da Cidade Deportiva para o partido.

Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar aforamento e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre na bancada e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.

O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir aos partidos, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición do aforamento nun proceso 100 % telemático.

A xestión pode realizarse até completar o aforamento. 

Tamén está habilitado o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

Ademais do Fabril, o Orzán SD Xuvenil Femenino, en loita polo liderado da Primera Autonómica, recibe á SD O Val (16:00 na Torre); o Orzán SD B sub-16 Femenino ao Cultural Maniños (16:00 na Torre); o Orzán SD Infantil A Femenino ao Victoria FC (12:00 na Torre); e o San Tirso SD Cadete ao Pabellón Ourense CF (12:00 no Monte).

No Orzán SD Xuvenil Femenino será baixa Dunia Dahmouni, concentrada coa selección de Marrocos sub-17 con motivo duns adestramentos no Complexo Mohammed VI en Rabat.

As orzanistas Antía Veiga, Claudia Sande e Daniela Macedo foron convocadas pola selección galega sub-15 para disputar a Fase de Plata do Campionato de España de Autonomías que se celebrará en Murcia do 1 ao 3 de marzo.

Así mesmo, o Cadete, líder da División de Honra, mídese en Pontevedra ao Salgueiriños CF (12:00); e o San Tirso SD Infantil en Lugo ao CD Lugo (12:00).

Finalmente, o Alevín arrinca ante o Atlético Coruña Montañeros CF (10:15) a súa participación no grupo norte do Trofeo Luis Calvo Sanz de fútbol 11.

Os rivais do conxunto deportivista serán, ademais do 'Monta', o UC Cee, Racing de Ferrol, San Tirso SD, Ural Español CF, CD Lugo, CD Calasanz, Galicia Caranza, SD Residencia, ED Luis Calvo Sanz e Victoria CF.

O formato de competición é de liga a unha soa volta, e o campión disputará a final do trofeo a un partido contra o campión do grupo sur.

Hoxe sábado houbo partido oficial para un total de 8 equipos de #ANOSACANTEIRA. De todos eles destacou a visita do Deportivo ABANCA B ao Real Oviedo Femenino B, resolta con goleada deportivista (0-6).

Ao non ter partido o primeiro equipo por parón en Primera Federación Iberdrola, Óscar Orro, técnico branquiazul, puido contar coas futbolistas que están en dinámica do Dépor ABANCA como Paula Monteagudo, Paula Novo, Lucía Rivas, Carmen Carballada e Michi Apóstol. Todas elas xogaron o pasado xoves co Dépor ABANCA o amigable en Astorga ante o Athletic Club B de Liga F.

Así mesmo regresou a internacional Elena Vázquez após superar unha lesión muscular.

Irene Ferreras mostrouse "moi contenta" coa actuación de Michi Apostól ante o equipo vasco. "Xogou 30 minutos controlando cargas porque xoga esta fin de semana co filial. Vina con moito descaro, con moito talento individual. É unha xogadora diferente, que encara, que se atreve, que ten moita personalidade. Sorprendeume a faceta defensiva na que foi contundente, agresiva. Crin que aí ía estar moi limitada e sorprendeume moi positivamente", afirmou a adestradora branquiazul.

As deportivistas Sara Cercido e Lucía Rivas; coas orzanistas Noelia Mayo, Laura Santos e Emma Gandoy están convocadas coa selección galega sub-17 para competir na Fase Oro do Campionato de España por autonomías do 1 ao 3 de marzo en Murcia.

Ademais dos alevíns na Torre, xogaron e gañaron en Abegondo o Xuvenil B, líder da Liga Nacional, ao CD Boiro (9-0); e o Infantil, ao mando da División de Honra, ao Victoria CF (6-0).

Fóra de casa o Orzán SD Cadete Femenino, primeiro clasificado na Liga Galega, visitou á SD O Val (0-3 en Narón); o Orzán SD Infantil B Femenino ao SCD Milagrosa (3-0 en Lugo); e o Xuvenil A ao Sporting de Gijón (2-5 en Mareo) en plena pelexa polo título da División de Honra.

A semana en #ANOSACANTEIRA abriuno o martes o Fabril FC Benxamín, xa campión do subgrupo 2º da Primera A Coruña de fútbol 8. Os fabrilistas impuxéronse ao ED Luis Calvo Sanz (2-0) en partido adiantado ao fin de semana.

E o mércores, o Infantil impúxose (4-1) ao CD Calasanz B de categoría cadete nun amigable disputado na Cidade Deportiva.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina
Tercera Federación FutFem, 21ª xornada: REAL OVIEDO FEMENINO B 0 - DEPORTIVO ABANCA B 6 (Lucía Rivas -2-, María Calvo, Laura Otero -2- e Carmen Carballada)

Primera Autonómica, 20ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO - SD O VAL, mañá domingo 25 de febreiro ás 16:00 na Torre (campo 2)

Segunda Autonómica, subgrupo 1º, 20ª xornada: ORZÁN SD B SUB-16 FEMENINO - CULTURAL MANIÑOS, mañá domingo 25 de febreiro ás 16:00 na Torre (campo 1)

Liga Galega cadete, subgrupo 1º, 20ª xornada: SD O VAL 0 - ORZÁN SD CADETE FEMENINO 3 (Sofia Milhem, Sofía Rodríguez e Marta Moreno)

Liga Galega infantil, subgrupo 1º, 20ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO - VICTORIA FC, mañá domingo 25 de febreiro ás 12:00 na Torre (campo 2)
Liga Galega infantil, subgrupo 1º, 20ª xornada: SCD MILAGROSA 3 - ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO 0

Segunda Federación
24ª xornada: FABRIL - OURENSE CF, mañá domingo 25 de febreiro ás 12:00 en Abegondo

Categoría xuvenil
División de Honra, 22ª xornada: SPORTING DE GIJÓN 2 - XUVENIL A 5 (Rubén -2-, Vilela, Guerrero e Ayman)

Liga Nacional, 23ª xornada: XUVENIL B 9 (Lucas -3-, Nico, Rodrigo, Xian, Miguel de Labra -2- e Telmo) - CD BOIRO 0

Categoría cadete
División de Honra, 21ª xornada: SALGUEIRIÑOS CF - CADETE, mañá domingo 25 de febreiro ás 12:30 no campo de Agüeiros (Campañó, Pontevedra)
División de Honra, 21ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE - PABELLÓN OURENSE CF, mañá domingo 25 de febreiro ás 12:00 no Monte (San Tirso)

Categoría infantil
Amigable (mércores 21): INFANTIL 4 (Sergio Infante, Orellana, Raúl e Guille) - CD CALASANZ B (cadete) 1
División de Honra, 19ª xornada: INFANTIL 6 (Sergio Cortizo -3-, Raúl -2- e Miguel) - VICTORIA CF 0
División de Honra, 19ª xornada: CD LUGO - SAN TIRSO SD INFANTIL, mañá domingo 25 de febreiro ás 12:00 no Municipal Rodríguez Lago 1 (Lugo)

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, grupo norte, 1ª xornada: ALEVÍN - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF, mañá domingo 25 de febreiro ás 10:15

Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 16ª xornada: URAL ESPAÑOL CF 0 - ALEVÍN A 7 (Álvaro Gómez -3-, Jorge Fernández -2-, Sergio Fernández e Enzo Bértoa)
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 16ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN 16 (Hugo Quintela -5-, Alejandro Astray -3-, Thiago López -3-, Nico Rodríguez-Ponce -2-, Miguel Candal -2- e Hugo Bujía) - CF DEPORTIVO ORZÁN 0

Categoría benxamín
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 16ª xornada: BENXAMÍN A - VICTORIA CF, mañá domingo 25 de febreiro ás 9:30 na Torre (campo 1.2)

Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 2º, 16ª xornada (martes 20): FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Nico Castro e Leo Galván) - ED LUÍS CALVO SANZ 0