RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados hoxe sábado en ANOSACANTEIRA e calendario para este domingo, co Xuvenil B e o Cadete en Abegondo ante o UD Ourense

Para este domingo 27 de outubro quedan dous encontros en ANOSACANTEIRA. Serán do Xuvenil B e do Cadete ante o UD Ourense, ambos ás 11:00 en Abegondo.

Sete partidos xogáronse o sábado nunha fin de semana no que arrincan na Torre a temporada na Primera A Coruña de fútbol 8 os dous equipos alevíns e os dous benxamíns do Dépor.

En canto ao resto de categorías, sobresaíu o triunfo (1-2) do Fabril (na foto da noticia) en Astillero ante o Rayo Cantabria nunha hora pouco habitual, as 12:00.

Os fabrilistas, que repetiron con 3 xuvenís no once inicial, encadean 2 triunfos consecutivos e ascenden na táboa.

Tamén o Xuvenil A, líder da División de Honra, venceu na Cidade Deportiva (4-0) ao Pontevedra CF no seu segundo partido consecutivo en casa.

Completaron a xornada no Monte o choque do San Tirso Cadete ante o Rápido de Bouzas (1-1); e antes, o derbi da División de Honra entre o San Tirso SD Infantil e o Dépor, resolto pola mínima (1-2) para os branquiazuis.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda Federación
9ª xornada: RAYO CANTABRIA 1 - FABRIL 2 (Nsongo Bil e Guerrero)

Categoría xuvenil
División de Honra, 9ª xornada: XUVENIL A 4 (Lucas, Daniel, Álvaro e Balbas) - PONTEVEDRA CF 0

Liga Nacional, 8ª xornada: XUVENIL B - UD OURENSE, mañá domingo 27 de outubro ás 11:00 en Abegondo

Categoría cadete
División de Honra, 8ª xornada: CADETE - UD OURENSE, mañá domingo 27 de outubro ás 11:00 en Abegondo (campo de herba sintética)
División de Honra, 8ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 1 (Anxo) - RÁPIDO DE BOUZAS 1

Categoría infantil
División de Honra, 7ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Nacho Villanueva) - INFANTIL 2 (Hugo Ferreiros e Daniel Alonso)

Categoría alevín
Primera A Coruña de fútbol 8, grupo 1º, 1ª xornada: OZA JUVENIL SD 0 - ALEVÍN A 8 (Xiao Fontao -2-, Alejandro Astray -2-, Mateo Cortizas, Pablo Sánchez, Lucas Albor e Hugo Álvarez)
Primera A Coruña de fútbol 8, grupo 1º, 1ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN - ORILLAMAR SD, mañá domingo 27 de outubro ás 10:30 na Torre (campo 4)

Categoría benxamín
Primera A Coruña de fútbol 8, grupo 1º, 1ª xornada: ORILLAMAR SD 0 - BENXAMÍN A 14 (Nico Castro -6-, Pablo Gómez -4-, César Leira, Asier Ordax, Leo Galván e David Santiago)
Primera A Coruña de fútbol 8, grupo 1º, 1ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN 7 (Tomás Sánchez -3-, Hugo Cancela -2-, Nico Mariño e Xosé Varela) - SILVA SD 0