RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA, con vitorias hoxe do Xuvenil B e Cadete ante o UD Ourense en Abegondo

Para hoxe domingo 27 de outubro quedaron dous encontros en ANOSACANTEIRA, concretamente o do Xuvenil B e do Cadete ante o UD Ourense, ambos en Abegondo e resoltos con triunfos branquiazuis por 3-0 e 5-0.

Sete partidos xogáronse onte sábado nunha fin de semana no que arrincaron a temporada na Primera A Coruña de fútbol 8 os dous equipos alevíns e os dous benxamíns do Dépor.

En canto ao resto de categorías, sobresaíu o triunfo (1-2) do Fabril en Astillero ante o Rayo Cantabria nunha hora pouco habitual, as 12:00.

Os fabrilistas, que repetiron con 3 xuvenís no once inicial, encadean 2 triunfos consecutivos e ascenden na táboa.

Tamén o Xuvenil A, líder da División de Honra, venceu na Cidade Deportiva (4-0) ao Pontevedra CF no seu segundo partido consecutivo en casa.

Completaron a xornada no Monte o choque do San Tirso Cadete ante o Rápido de Bouzas (1-1); e antes, o derbi da División de Honra entre o San Tirso SD Infantil e o Dépor, resolto pola mínima (1-2) para os branquiazuis.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda Federación
9ª xornada: RAYO CANTABRIA 1 - FABRIL 2 (Nsongo Bil e Guerrero)

Categoría xuvenil
División de Honra, 9ª xornada: XUVENIL A 4 (Lucas, Daniel, Álvaro e Balbas) - PONTEVEDRA CF 0

Liga Nacional, 8ª xornada: XUVENIL B 3 (Janusz, Miguel de Labra e David Mosquera) - UD OURENSE 0

Categoría cadete
División de Honra, 8ª xornada: CADETE 5 (Sergio Míguez, Nico Martínez, Ander, Roi e Elías) - UD OURENSE 0
División de Honra, 8ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 1 (Anxo) - RÁPIDO DE BOUZAS 1

Categoría infantil
División de Honra, 7ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Nacho Villanueva) - INFANTIL 2 (Hugo Ferreiros e Daniel Alonso)

Categoría alevín
Primera A Coruña de fútbol 8, grupo 1º, 1ª xornada: OZA JUVENIL SD 0 - ALEVÍN A 8 (Xiao Fontao -2-, Alejandro Astray -2-, Mateo Cortizas, Pablo Sánchez, Lucas Albor e Hugo Álvarez)
Primera A Coruña de fútbol 8, grupo 1º, 1ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN 0 - ORILLAMAR SD 0

Categoría benxamín
Primera A Coruña de fútbol 8, grupo 1º, 1ª xornada: ORILLAMAR SD 0 - BENXAMÍN A 14 (Nico Castro -6-, Pablo Gómez -4-, César Leira, Asier Ordax, Leo Galván e David Santiago)
Primera A Coruña de fútbol 8, grupo 1º, 1ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN 7 (Tomás Sánchez -3-, Hugo Cancela -2-, Nico Mariño e Xosé Varela) - SILVA SD 0