RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados hoxe sábado en ANOSACANTEIRA e calendario para mañá domingo, co Fabril en Abegondo ante o CD Guijuelo

Os dous equipos alevíns e os dous benxamíns do Dépor abriron o pasado martes o calendario de ANOSACANTEIRA co seu partido de liga correspondente á 2ª xornada da Primera A Coruña de fútbol 8.

O motivo de que se adiantasen estes encontros é que os 'fabriles' competiron esta fin de semana na Níjar Cup de Almería.

O prestixioso torneo almeriense, que contou coa participación tamén dun San Tirso SD Infantil (na foto da noticia) apeado na Primera Fase, concluíu hoxe co Fabril FC Benxamín eliminado en oitavos e o Fabril FC Alevín, en cuartos.

A da fin de semana é unha mini xornada de competición debido a que teñen parón ligueiro esta semana o Xuvenil A, os dous equipos cadetes e os dous infantís, neste caso debido á disputa da Primera Fase do Campionato de España de seleccións autonómicas sub-16 e sub-14 que se disputa en Madrid.

Os deportivistas Ramón, Samba, Mauro, Gael Irimia; ademais de Eder, Raúl Lema e Anxo do San Tirso SD Cadete, estiveron coa selección galega sub-16, que tivo como rivais a Madrid e Canarias.

Así mesmo, os branquiazuis Julen, Antón, Hugo e Tiago; ademais de Hugo Macedo do San Tirso SD Infantil, competeron coa selección galega sub-14 tamén ante Madrid e Canarias.

Da fin de semana destaca o encontro do Fabril en Abegondo ante o CD Guijuelo (Youtube RC Deportivo), fixado para mañá domingo 3 de novembro ás 12:00 e con David Lagar na Dirección Técnica.

Os fabrilistas chegan ao choque despois de dúas vitorias consecutivas, ante o UM Escobedo e fronte ao Rayo Cantabria.

O equipo recupera a Kevin Sánchez superada a súa lesión muscular.

O Club mantén activo o protocolo de apertura con rexistro de asistentes da Cidade Deportiva.

Poden retirar entradas dispoñibles, ata esgotar aforo e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre na bancada e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.

O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición do aforo nun proceso 100 % telemático.

Tamén está habilitado simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

O outro partido da xornada da fin de semana xogouse este mediodía. O Xuvenil B venceu en Vilagarcía (0-4) ao Arosa SC B, resultado que mantén aos branquiazuis no grupo de cabeza da Liga Nacional.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda Federación
10ª xornada: FABRIL - CD GUIJUELO, mañá domingo 3 de novembro ás 12:00 en Abegondo

Categoría xuvenil
9ª xornada: AROSA SC B 0 - XUVENIL B 4 (Miguel de Labra -3- e Pablo Crespo)

Categoría infantil

Níjar Súper Cup 2024
Primera Fase
Xoves 31 de outubro
CD COMARCA DE NÍJAR B 0 - SAN TIRSO SD INFANTIL 3 (Ruy Caamaño, David Gómez e Yoel Darriba)

Venres 1 de novembro
SAN TIRSO SD INFANTIL 0 - CD POLIDEPORTIVO EL EJIDO 1
UD CIUDAD DE ROQUETAS 1 - SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (David Gómez)

Categoría alevín
Primera A Coruña de fútbol 8, 2ª xornada (martes 29): ALEVÍN A 7 (Pablo Sánchez -2-,  Mateo Cortizas -2-, Sergio Fernández, Xiao Fontao e Alejandro Astray) - FABRIL FC ALEVÍN 0

Níjar Súper Cup 2024
Primera Fase
Venres 1 de novembro
FABRIL FC ALEVÍN 4 (Antón Fernández, Enzo Fernández, Mateo Songo'o e Andrés Valencia) - CD COMARCA DE NÍJAR C 0
FABRIL FC ALEVÍN 3 (Enzo Fernández -2- e Leo Lorenzo) - CF RETAMAR EL TOYO A 0
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Andrés Valencia) - SAN ROQUE BALOMPIÉ 3

Sábado 2 de novembro
Oitavos de final
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Enzo Fernández) - MÁLAGA CF 0

Cuartos de final
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Enzo Fernández) - SC BRAGA 2

Categoría benxamín
Primera A Coruña de fútbol 8, 2ª xornada (martes 29): BENXAMÍN A 7 (Leo Barro -2-, Leo Galván -2-, Gael Fernández, Nico Castro e Marco Dios) - FABRIL FC BENXAMÍN 0

Níjar Súper Cup 2024
Primera Fase
Venres 1 de novembro
FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Tomás Sánchez) - CUEVAS CF 0
FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Tomás Sánchez) - LA CAÑADA ATLÉTICO 1
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Hugo Cancela e Hugo Rey) - ARENAS DE ARMILLA CyD 2

Sábado 2 de novembro
Oitavos de final
FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Tomás Sánchez) - CD VERA 2