RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados hoxe sábado en ANOSACANTEIRA e calendario para mañá domingo, con protagonismo para Fabril e Xuvenil B

Mañá domingo 13 de outubro en ANOSACANTEIRA a visita do Fabril ao CD Marino de Luanco, ás 17:00 en Miramar, é o prato forte.

Ademais dos lesionados como Álex Pereira, Jaime Garrido, Luisao e Manu Ferreiro, será baixa Aarón, expulsado o pasado sábado en Abegondo ante o UP Langreo na xogada que supuxo o gol do empate asturiano, xa no desconto.

Por contra entrou na lista o internacional Kevin Sánchez, que se adestrou durante a semana co primeiro equipo.

Os fabrilistas encaran o choque na 12ª posición con 7 puntos.

Completa a xornada dominical o partido de Liga Nacional entre o Xuvenil B e o CD Areosa previsto para as 11:30 en Abegondo.

Hoxe sábado 12 xogáronse 5 partidos de liga. 

Sobresaíu a goleada (1-5) do Xuvenil A, líder en solitario da División de Honra, ao Veriña CF. 

Ademais, en Abegondo o Cadete goleou ao CD Areosa (9-0); e no Monte o San Tirso SD Cadete caeu co CD Lugo (1-3) e o San Tirso SD Infantil dobregou ao UD Santa Mariña (3-0).

Fóra de casa o Infantil impúxose (1-2) en Oira ao Ourense CF despois de remontar un gol local aos 13 minutos de xogo. Os branquiazuis suman 15 puntos no grupo de cabeza.

Os amigables do Fabril FC Alevín o pasado xoves no Monte e do Benxamín A en Carral; ademais do do Alevín A en Carral onte venres abriron o calendario.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda Federación
7ª xornada: MARINO DE LUANCO - FABRIL, mañá domingo 13 de outubro ás 17:00 en Miramar

Categoría xuvenil
División de Honra, 7ª xornada: VERIÑA CF 1 - XUVENIL A 5 (Álvaro, Lucas -2-, Rubén e Balbas)

Liga Nacional, 6ª xornada: XUVENIL B - CD AREOSA, mañá domingo 13 de outubro ás 11:30 en Abegondo

Categoría cadete
División de Honra, 6ª xornada: CADETE 9 (Elías -5-, Antón, Gael, Borja e Roi) - CD AREOSA 0
División de Honra, 6ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 1 (Nikolay) - CD LUGO 3

Categoría infantil
División de Honra, 5ª xornada: OURENSE CF 1 - INFANTIL 2 (Leo Sánchez e Iago Álvarez)
División de Honra, 5ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL 3 (Carlos Crespo, Ruy Caamaño e Yoel Darriba) - UD SANTA MARIÑA 0

Categoría alevín
Amigable: UD CARRAL (infantil) 2 - ALEVÍN A 5 (Hugo Quintela -2-, Mateo Cortizas, Alejandro Astray e Lucas Albor)
Amigable: SAN TIRSO SD A 2 - FABRIL FC ALEVÍN 6 (Álex Casado -2-, Enzo Fernández -2-, Leo Lorenzo e Alberto Novo)

Categoría benxamín
Amigable: UD CARRAL (alevín) 2 - BENXAMÍN A 2 (Pablo Couso e David Santiago)