RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados hoxe venres en ANOSACANTEIRA feminina e calendario da fin de semana, co Orzán SD Sub-21 e o Orzán SD Xuvenil o domingo

O partido do Dépor ABANCA B ante o Victoria CF esta tarde na Grela 1 abriu unha xornada reducida en ANOSACANTEIRA feminina posto que non hai liga para o Orzán SD Cadete, Orzán SD Infantil A e o Orzán SD Infantil B.

O filial, despois do empate ante o RC Celta da pasada fin de semana, volveu igualar (0-0) ante un rival tamén situado na zona alta da Tercera Federación.

O equipo recuperou a Michi Apóstol após o seu paso pola selección venezolana.

Ademais teñen cita este domingo 3 de novembro o Orzán SD Sub-21 en Valdoviño ante o Escuela FB Amistade (17:00) e o Orzán SD Xuvenil en Dumbría (19:30). Ambos os conxuntos orzanistas lideran as súas respectivas categorías.

ANOSACANTEIRA celebra ademais o regreso á selección española sub-16 de Antía Veiga con motivo duns adestramentos en Las Rozas (Madrid) do 5 ao 7 de novembro.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Tercera Federación
9ª xornada: VICTORIA CF 0 - DEPORTIVO ABANCA B 0

Primera Autonómica
8ª xornada: ESCUELA FB AMISTADE - ORZÁN SD SUB-21, este domingo 3 de novembro ás 17:00 no Municipal de Mourente (Valdoviño)

Segunda Autonómica
8ª xornada: CF DUMBRÍA - ORZÁN SD XUVENIL, este domingo 3 de novembro ás 19:30 no Municipal de Dumbría